quarta-feira, 1 de junho de 2016

ALÓ FOI O INTERCAMBIO...

Logo de varios meses traballando con este horizonte a través do intercambio epistolar cos compas do IES Otero Pedrayo da Coruña, chega por fin o día do noso encontro físico e non dura nadiña...

Cadaquén trae consigo as súas lembranzas persoais, as súas fotos, os seus contactos virtuais, mais Patricia Varela, intrépida profesora acompañante do noso centro amigo, preparounos este petisco audiovisual para non esquecer nunca unha xornada irrepetíbel e tamén para dar moita envexa a quen non puido vir.

A ver como lle agradecemos ao equipazo do club de lectura e mais do ENDL do IES Otero Pedrayo  tanta hospitalidade e tanto traballo organizativo para unha xornada que sempre fica en nós. Aínda habemos ter que repetir para o curso próximo e corresponder como merecen! Que vos parece?


4 comentários:

  1. Grazas polas túas agarimosas palabras. Foi un día especial, preparado con mimo pola vosa banda e pola nosa. Grazas á rapazada de Coristanco por seren tan cercanos. Unha aperta para ti e para Pilar.

    ResponderEliminar
  2. Grazas polas túas agarimosas palabras. Foi un día especial, preparado con mimo pola vosa banda e pola nosa. Grazas á rapazada de Coristanco por seren tan cercanos. Unha aperta para ti e para Pilar.

    ResponderEliminar
  3. Grazas pola gran xornada que preparastedes para nos coñecer entre nos espero que poidamos facelo mais veces.

    ResponderEliminar
  4. Foi unha xornada inesquecíbel para os afectos e as descubertas. Moitas grazas, moitas!

    ResponderEliminar