O xoves 31 o alumnado de 2º de ESO -o que conseguiu esquivar os virus invernais porque o grupo é moito maior- e algunhas profes viviron a primeira tertulia do curso para falaren dos medos e impresións misteriosas que tiraron da lectura d´As fronteiras do medo, de Agustín Fernández Paz.
Sen dúbida, "A porta do Alén" e "O pozo", seguidos de "A voz do sangue", foron os relatos máis comentados.
Seguiremos informando...
Gustoume moito esta lectura, algúns relatos máis ca outros, A porta do Alén, sen dúbida, o meu favorito, levas unha sorpresa enorme ao final, non esperabas que pasara iso. No relato do pozo, tiña intriga en saber o que pasaría con el ou que salería del. Recomendo ler este libro, sobre todo aos que lle gusten os de terror, e aos que non, tamén.
ResponderEliminarUn saúdo!
Magnífico comentario, Jose! Botámoste de menos na tertulia, para a próxima seguro que nolo contas todo ao vivo e en directo!
ResponderEliminar