O curso pasado visitounos no centro este narrador para intercambiar co alumnado de 3º e 4º impresións e experiencias a partir da escrita e da lectura da súa obra O pintor do sombreiro de malvas.
Naquela altura o autor trasladounos a Auvers da man do pintor holandés Van Gogh.
Agora, con Palabras de auga, libro que recibiu o Premio Merlín da Literatura Infantil 2012, transpórtanos moito máis lonxe, a África nin máis nin menos.
Apetécevos unha pequena degustación sobre o seu argumento? Velaquí queda servida como aperitivo:
O
xamán Mkebe ordenou a todos os membros do clan dos Wakati da tribo dos
Kimba que abandonasen o país Lomba coa esperanza de atopar unha terra
mellor con auga abondosa. Dende entón, homes e mulleres camiñan, baixo
un sol abrasador, a sabana poeirenta sen saber que lles pode deparar o
futuro. Amadou aprenderá da súa nai a colleitar o alimento agochado nos
formigueiros, mais tamén, como afouto guerreiro, haberá de se enfrontar
axiña cos perigos da caza e da procura de Numba, o seu irmán maior,
desaparecido no campamento dos nenos soldado. Palabras de auga é unha
viaxe cara ao interior do continente africano e da súa cultura, mais
tamén un camiño iniciático cara á madurez. Un relato emocionante,
cativador e conmovedor.
E para saber aínda máis na voz do propio autor...
http://www.crtvg.es/crtvg/canles-tematicas/corte-a-corte/entrevista-a-marcos-calveiro-ganador-do-premio-merlin-de-literatura-infantil-con-palabras-de-augas-a-historia-dunha-viaxe-por-frica#.UIZ5Hq5vF3d
Sem comentários:
Enviar um comentário